Gandería Angus Do Campo

TRADICIÓN, COIDADO E CALIDADE

Practicamos a gandaría ecolóxica porque pensamos que o mellor produto é o máis natural, e o produto máis natural é o que menos dana o medio

¿QUEN SOMOS?

Somos unha familia gandeira que nacemos e medramos a carón das vacas polo que a nosa experiencia acumulada durante anos de traballo e contacto directo cos animais é o noso principal aval para realizar unha cría óptima nas mellores condición e así poder poñer no mercado un produto exquisito e de calidade excepcional.

TRADICIÓN

COIDADO

CALIDADE

GARANTÍA

A nosa gandería é socia de
Aberdeen Angus Portugal

Na Gandería Angus Do Campo traballamos a reo para garantir un produto da mellor calidade. ¿Tes preguntas que facernos?

¿ONDE ESTAMOS?

A gandería Do Campo atópase na parroquia de Montecubeiro, Concello de Castroverde e provincia de Lugo. Estamos situados entre a comarca da Terra Chá luguesa e as montañas do leste de Galicia. A unha altura de 700m sobre o nivel do mar na denominada Serra da Ferradura, rodéanos unha paisaxe semimontañosa na que as zoas de pastos entremézclanse con soutos e carballeiras así como plantacións forestais.

O clima é xa máis duro que nas zonas baixas de Lugo pero menos extremo que na montaña luguesa, nesta zona de transición danse unhas condicións óptimas para a cría de gando en liberdade xa que ainda que podemos ter algunhas precipitacións en forma de neve estas non soen ser moi abondosas e as xeadas non son nin fortes nin continuas na época invernal. En verán as temperaturas son más frescas que na contorna debido á altitude.

A NOSA EXPLOTACIÓN

Contamos con unha superficie de pastos de 31ha repartida en 5 parcelas de distintas superficies e cualidades onde os animais poden pastar ou nas que se poden cultivar forraxes. En todas elas contamos cun abastecemento abundante de auga, ben porque hai fontes ou mananciais naturais nelas ou mediante abastecemento por outros medios. En cada parcela existen abrigos naturais en forma de arborado ou zoas baixas abrigadas do ventos.

Contamos tamén con cortes para realizar nos nosos animais os controis sanitarios necesarios ou para o encadrado dos mesmos cando as condicións o esixen. A isto temos que engadir silos para forraxes con soleira e paredes de formigón que garanten a sua conservación óptima e foxo de puríns e esterqueira estancos.

COMPROMISO CO MEDIO

Practicamos a gandaría ecolóxica porque pensamos que o mellor produto é o máis natural, e o produto más natural é o que menos dana o medio. Cando se practica a gandaría ecolóxica hai que ter en conta que eso implica tamén que se está a realizar unha actividade sostible (social, económica e ambientalmente).

Nos días de hoxe sabemos que a gandaría intensiva e industrial produce refugallos e emisións altamente dañinos para a atmosfera, recursos hídricos, fauna e flora. Nós queremos demostrar que é posible manter unha actividade económica no rural totalmente compatible coa natureza e ofrecendo un produto de máxima calidade.

¿QUÉ OFRECEMOS?

Angus do campo ofrece animais de raza angus pura tanto para vida como para sacrificio.

Animais para vida

Xatos e xatas menores de un ano para cria

Novillos e novillas maiores de un ano para reposición e como futuros sementais

Vacas de todalas idades para reposición

Cebóns castrados de un a dous anos para o seu remate como bois

Animais para sacrificio

SUMINISTRAMOS CANAIS OU MEDIOS CANAIS, CORTADOS OU ENTEIROS A DOMICILIO

Xatos menores de un ano

Cebóns castrados de máis de un ano

Vacas cebadas

Bois maiores de 4 anos

  Raza Angus

HISTORIA E CARACTERÍSTICAS

Angus, Aberdeen Angus, Black Angus ou Angus Red, son nomes empregados para referirse a unha raza vacuna ou variedades da mesma que ten a súa orixe en Escocia pero que está extendida por practicamente todo o mundo.

As Anguas son vacas de tamaño medio, moi rústicas, dóciles, con un extraordinario carácter maternal e xenéticamente acornes. Todas estas características fan delas unha raza óptima para a súa cría en liberdade.

CARNE DE ANGUS

A raza Angus ten a capacidade de producir unha carne de características organlépticas propias moi marcadas, definidas e diferentes de outras razas de vacún, e de conseguilas en base a pasto sen necesidade de complementos a base de cereais.

A carne de Angus debe ter cor roxa e ser abundante a graxa infiltrada (MARMOREADO), non así a superficial que non debería ser excesiva.

Todo esto fai que todolos cortes das canles destes animais sexan de calidade extraordinaria polo seu sabor, xugosidade e tipos de graxa menos dañinas. As partes menos nobles das canles aínda nos aportan carne coa que facer as mellores hamburguesas posibles.

¿POR QUÉ ANGUS?

A raza Angus ten un gran número de vantaxes

tanto para o gandeiro, como para o consumidor da nosa carne

Carne procedente de animais criados de maneira ecolóxica.
En todo o proceso de cría respetamos e sobrepasamos os estrictos protocolos do CRAEGA (consello regulador da agricultura ecolóxica de Galicia) en todo o relacionado coa sanidade e medicacións, ben estar animal, abonados das terras e tratamentos ou accións fitosanitarias.

Tipo de carne de extraordinaria calidade.
A carne de Angus está recoñecida a nivel internacional como unha das mellores carnes de vacún do mundo, soamente por detrás da carne wagyu xaponesa (boi de kobe), tanto polo seu sabor, xugosidade e textura como pola súa característica infiltración graxa (marmoreo).

En definitiva o producto que ofrecemos é unha carne de extraordinaria calidade, tanto polo producto en si como polo proceso natural que seguimos para obtela.

GANDERÍA ANGUS DO CAMPO

CALIDADE ANGUS

Contacto

¿En qué podemos axudarlle?

1 + 8 =